publicidade hoxe

Val do Dubra habilita un solar municipal para aparcadoiro público gratuíto con 40 prazas en Bembibre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVal do Dubra
A-
A+

O Concello de Val do Dubra habilitou como aparcadoiro público un solar de propiedade municipal situado na Rúa San Lorenzo, a só 200 metros da sede consistorial. O Goberno municipal dubrés, ante o peche dun solar de propiedade privada que linda co propio edificio que acolle ao concello e que até hai uns meses facía as funcións de aparcadoiro, decidiu habilitar esta propiedade pública como parking, cun total de 40 prazas. Neste espazo, que estará listo nos próximos días, poderán aparcar de forma libre e gratuíta todos os veciños que o desexen e que se despracen á capital dubresa a realizar diferentes xestións ou compras.

O solar, que está situado na Rúa San Lorenzo, na estrada que leva a Órdes, e a beiras do río Dubra, ten unha base de grava miúda que será compactada por unha apisoadora para dar solidez ao terreo. Esta nova infraestrutura poderá en breve ser utilizada polos usuarios que o desexen. O aparcadoiro está a tres minutos andando,  uns 200 metros da Casa do Concello. O rexedor municipal, Ramón Varela, considera que así se dá un maior servizo aos veciños e aténdese unha das demandas dos habitantes do Concello que se desprazan até a capital dubresa. A diario e en hora punta é mesmo difícil atopar aparcadoiro nos arredores do Concello de Val do Dubra.

28 de xaneiro de 2014 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.