publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha muller resulta ferida nun atropelo na Fonsagrada e outras tres persoas nunha colisión en Bóveda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA FonsagradaBóvedaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha muller resultou ferida nun atropelo rexistrado na mañá deste martes no termo municipal da Fonsagrada (Lugo) e outras tres persoas nunha colisión múltiple por mor dun xabaril na tarde do luns no municipio lucense de Bóveda.

O atropelo tivo lugar uns minutos antes das 8.00 horas deste martes diante do Concello da Fonsagrada, segundo os datos facilitados polo 112.

O 061 desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial que trasladou á muller ferida, duns 40 anos, ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo.

Pola súa banda, sobre as 19.28 horas do luns sucedeu unha colisión por alcance con tres vehículos implicados e atropelo a un xabaril na estrada LU-546 ao seu paso polo municipio de Bóveda.

O 061 mobilizou dúas ambulancias asistenciais para atender a tres persoas, unha das cales, unha muller de 63 anos, recibiu a alta voluntaria in situ. Mentres, os outros dous lesionados, un home de 22 anos e unha muller de 37, foron levados ao Hospital de Monforte, segundo sinalaron fontes sanitarias.

21 de xaneiro de 2014 | 10:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.