publicidade hoxe

Un home resulta ferido nun accidente en Coirós

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCoirósSucesos
A-
A+
E.P.

Un home duns 31 anos resultou ferido un accidente rexistrado este luns no termo municipal de Coirós (A Coruña) e outros dous nunha colisión na tarde do domingo en Vigo.

Sobre as 6.50 horas deste luns sucedeu un accidente no quilómetro 562 da autovía A-6 sentido A Coruña no municipio de Coirós, segundo os datos facilitados polo 112.

Foron mobilizados a Garda Civil de Tráfico, o Centro de Xestión de Tráfico e o 061, que desprazou unha ambulancia asistencial, que atendeu a un home de 31 anos no lugar, quen non requiriu traslado ao pedir a alta voluntaria, segundo sinalaron fontes sanitarias.

Mentres, sobre as 19.15 horas do domingo ocorreu un accidente con dous coches implicados na Avenida Gran Vía de Vigo. Foron alertados o 061, Policía Local e Protección Civil.

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladou ao lugar unha ambulancia asistencial que levou ao hospital Castro Perpetuo Socorro a dous homes feridos, de 21 e 30 anos, segundo confirmaron fontes sanitarias.

20 de xaneiro de 2014 | 10:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.