publicidade hoxe

Últimos días para inscribirse en Cerdido na campaña de esquí da Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdido
A-
A+

O concello de Cerdido ten aberto o prazo de inscrición para participar na campaña de esquí da Deputación da Coruña. O programa vai dirixido a rapaces e rapazas nados nos anos 2000, 2001, 2002 e 2003. Os participantes pasarán a fin de semana do 14 ao 16 de febreiro na estación de León. As persoas interesadas deberán inscribirse antes do 30 de xaneiro nas oficinas municipais. O concello conta con tres prazas, que en caso de ser superadas polas solicitudes adxudicaranse por sorteo público. As persoas interesadas poden recibir máis información nas oficinas municipais.

24 de xaneiro de 2014 | 10:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.