publicidade hoxe

“Treachorous Orchestra” e “Moxie” incorpóranse ao Festival Ortigueira 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrtigueira
A-
A+

Xusto unha semana despois de que se avanzase en Fitur o nome dun das cabezas de cartel da trixésima edición do Festival Internacional do Mundo Celta, Milladoiro, a organización, liderada polo Concello de Ortigueira, anuncia a incorporación de dous novos grupos: Treachorous Orchestra e a banda irlandesa Moxie.

O primeiro é un grupo escocés integrado por 14 músicos procedentes dalgunhas das formacións máis potentes do panorama folkie de Escocia. De feito, nas filas da agrupación militan membros de bandas renombradas como Salsa Celtica ou Session A9, crecidos baixo a influencia de Shooglenifty e Wolfstone.

A presenza en Ortigueira Treachorous Orchestra suporá a estrea en España deste grupo innovador que, en apenas un lustro, conseguiu coarse na terna de finalistas da “BBC Radio 2 Folk Awards 2013”, na categoría de mellor grupo folk.

Polo que respecta a Moxie , cabe apuntar que se enmarca na aposta permanente do Festival do Mundo Celta polos novos valores do folk europeo. A banda, xurdida a finais do 2011, debuta en Ortigueira cunha efectiva proposta de fusión que combina música tradicional irlandesa con outros xéneros o rock e o ‘new age bluegrass’.

Este quinteto, gañador de “The Spirit of Folk Awards” e integrado por músicos novísimos, sacou ao mercado o seu primeiro álbum a finais do 2013.

Con estas dúas novas confirmacións, que se suman ao nome xa coñecidos de Milladoiro e Ruaille Buaille, gañadores estes últimos do Proxecto Runas 2013, comezan a completarse as pezas do puzzle que conformará a programación do Festival Ortigueira que este ano se celebrará do 17 e o 20 de xullo.

30 de xaneiro de 2014 | 20:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.