publicidade hoxe

Salceda de Caselas aplica unha nova tarifa reducida para os baixos con inactividade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSalceda de Caselas
A-
A+

O Concello de Salceda de Caselas levou a Pleno a modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa pola prestación do Servizo de Recollida de lixo en locais comerciais que non están a desenvolver ningunha actividade. Esta nova taxa permitirá a reducción na taxa do lixo en pequenos comercios sen actividade no rural que pasa de ser de 65 € a 40,60€, e o resto de actividades, pasarán a pagar un recibo anual de 65€. O que supón unha reducción moi considerable, que ven aplicando unha reducción significativa do 24% nos baixos que viñan desenvolvendo unha actividade de supermercados ou industriais e que agora van a reducir considerablemente a aportación da taxa. O trámite que terán que facer os propietarios destos baixos, será cubrir o modelo de instancia que se pode atopar en Rexistro ou na páxina web xunto cunha cpia do DNI, o recibo do lixo actual, a baixa de actividade en Facenda ou baixa no imposto de actividades.

Esta modificación ven recollida a través da Proposta realizada por Jose Luis González, Concelleiro de Facenda atendendo á problemática derivada da crise, onde algúns locais non están a desenvolver ningunha actividade durante un periodo determinado de tempo. “Entendemos que, dada a situación actual de inactividade que se está a dar nunha parte dos baixos do noso concello, que durante un período determinado non están a desenvolver ningún tipo de actividade, e dada a falta de ingresos que esta inactividade conleva, non se poida afrontar o pagamemto da Taxa. O Goberno do Concello de Salceda de Caselas, sendo consciente desta problemática, levou a Pleno a modificación da Taxa do Lixo, para poder aplicar a reducción na factura do lixo”.

13 de xaneiro de 2014 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.