publicidade hoxe

Renovación de cartóns de residentes en Cabanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

O prazo para a renovación dos cartóns de residentes no Concello de Cabanas xa está aberto. Todas aquelas persoas que sexan posuidoras dun destes cartóns ou desexen solicitar un por primeira vez deberán presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello antes do día 30 de xuño, segundo o establecido na Ordenanza Xeral Municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria. O modelo para a solicitude de renovación poderase conseguir ben nas propias oficinas xerais do Concello ou ben a través da páxina web www.cabanas.es. Todos aqueles cartóns de residentes dos que non se solicite a súa renovación neste prazo non terán validez a partir do 1 de xullo.

Ademais da solicitude, os interesados deberán achegar tamén fotocopias do Permiso de Circulación do vehículo, tarxeta de Inspección Técnica de Vehículos, último recibo do seguro do coche así como do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánicas e certificado de empadroamento no Concello de Cabanas.

Estes cartóns autorizan o seu propietario a poder aparcar nas zonas delimitadas como de residentes no Concello de Cabanas, e dicir  na Avenida da Magdalena dende o número 6 ata o número 7( saída da rúa Os Sauces A ata a saída da rúa Os Sauces B), a ámbolos dous marxes, destinado ó aparcamento en batería e na travesía urbana da estrada AC-122, o aparcamento situado diante do Centro de Saúde.

24 de xaneiro de 2014 | 20:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.