Rehabilitación dos parques infantís de Lestrobe e Traxeito
O Concello de Dodro acaba de rehabilitar dous parques infantís, un no lugar de Lestrobe e o outro en Traxeito. As novas instalacións contaron cunha inversión total de 30.500 euros, o que permitiu dotar de novo equipamento dous parques necesarios para o concello e adaptalos á normativa europea en materia de parques infantís.
Son parques multifuncionais, provistos de xogos para os máis pequenos, con superficie de caucho continuo e con deseño específico nas zonas de xogo e de seguridade. O parque de Traxeito tamén conta cunha valla de madeira que configura o peche do parque. Con estas novas infraestruturas conséguese rehabilitar antigos espazos para o encontro, o recreo e o lecer, o mesmo tempo que se facilita o seu uso con criterios de accesibilidade e seguridade.
Para estas actuacións, o Concello dodrés contou cunha subvención de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, que ascende a un total de 19.430,34 euros.