publicidade hoxe

Padrón, Rois, Valga e Dodro desenrolan un programa conxunto de prevención de drogodependencia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDodroLocal PortadaPadrónPontevedraRoisValga
A-
A+

Os Concellos de Padrón, Rois, Valga e Dodro retomaron o pasado 1 de xaneiro o Plan de prevención de drogodependencias co obxectivo de seguir traballando na prevención de drogodependencias e condutas aditivas.

A sede do programa é o Concello de Dodro nas instalacións do departamento de Servizos Sociais,  dende onde se vai a desenrolar e dirixir o programa así a coordinación do mesmo.  O programa conta con dous titulados superiores con formación específica en drogodependencias e outras condutas aditivas, un licenciado en pedagoxía  a xornada completa que exercerá tamén as funcións de coordinador do programa e un licenciado en  psicoloxía a media xornada.

O obxectivo xeral do Plan é proporcionar información e formación para conquerir cambios nas condutas de uso e abuso de drogas, os consumos de risco e as actitudes fronte a elas, xa que é importante traballar de forma comunitaria este problema posto que non só afecta á persoa que consome drogas, senón a toda a comunidade.

O desenvolvemento deste programa nos centros educativos dos citados concellos é moi importante xa que a poboación máis afectada neste momento é a xuventude, xa que, a súa percepción do risco é menor que a certas idades.

Xa se iniciaron os programas de prevención do consumo de drogas no ámbito educativo dirixido a alumnos da ESO, e posteriormente ampliaranse aos cursos de 5º e 6º de primaria.

Outros programas a desenvolver dentro deste Plan son “Non pasa nada, pasa algo”, programa de prevención selectiva destinado ao alumnado de 4º de ESO en situación de risco e que responde á demanda de intervención por parte da propia comunidade educativa.

A familia ten unha función clave na socialización do individuo e contribúe ao seu desenrolo social, emocional e cognitivo polo que se pon en marcha os programas “Máis que un teito” dirixido aos pais, nais ou titores/as con fillos/as en idades escolar comprendidas entre os 5 e os 18 anos, o programa “En familia todos contan” para aquelas familias que se atopan en situación de risco en relación coas drogas, e o programa “Entre todos” para as familias con fillos/as adolescentes que manteñen consumo de distintas drogas.

Dentro dos programas dirixidos a mozos e mozas  vanse a levar a cabo o programa “Activa” de promoción universal e “Cambio de sentido” baseado na prevención do consumo de alcohol e outras drogas no manexo de vehículos.

Ponse en marcha tamén o programa en clave de xénero “Penélope” dirixido mulleres de 12 a 35 anos que demanden tratamento por problemas de adicción a sustancias.

22 de xaneiro de 2014 | 10:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.