publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Ortigueira, Mañón e Cerdido únense para seguir contando co servizo do axente de desenvolvemento local

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdidoLocal PortadaMañónOrtigueira
A-
A+

Por segundo ano consecutivo, neste 2014, os veciños de Mañón e Cerdido terán dereito a recibir sen custo algún o asesoramento por parte do axente de emprego e desenvolvemento local de Ortigueira. Este tres municipios do Ortegal decidiron concorrer conxuntamente á subvención convocada ao efecto pola Consellería de Traballo co ánimo de garantir a continuidade do servizo e lograr o máximo respaldo posible por parte da Xunta de Galicia.

A decisión de conveniar o servizo, e presentarse unidos á convocatoria de subvención, permitiu ao Concello de Ortigueira conservar a subvención que viña recibindo (80 % custos salariais do traballador municipal). Pola contra, a achega autonómica reduciríase substancialmente.

A medida permitiu ás pequenas localidades de Mañón e Cerdido seguir beneficiándose de forma gratuíta dun servizo do que até o pasado exercicio carecían e, a Ortigueira (administración que achega o resto do custo salarial), conservar esta figura técnica no municipio. A subvención concedida é anual e por tanto, o servizo prestarase na Casa Consistorial ortegana polo menos até finais do 2014.

Entre as funcións do ADL figuran colaborar na implantación das políticas activas de emprego relacionadas coa creación de actividade empresarial, apoio do emprendimiento entre os desempregados, acompañamento técnico no inicio de proxectos empresariais ou o asesoramento puntual en materia empresarial.

14 de xaneiro de 2014 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.