publicidade hoxe

Ortigueira compra o terreo para a futura depuradora de augas residuais de San Adrián

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrtigueira
A-
A+

O Concello acaba de comparar unha parcela no lugar de Lourido (San Adrián) destinada a situar no futuro a estación depuradora de augas residuais da parroquia. A operación, similar á realizada hai unhas semanas o Tiroteo, responde á intención do goberno local de seguir ampliando o saneamento na súa zona rural.

Con esta iniciativa, o concello dá un novo paso para avanzar, unha vez que se dispoña do financiamento preciso, no proxecto de depuración integral de San Adrián e da veciña parroquia de Santiago de Mera, beneficiando deste xeito a decenas de familias.

A adquisición, que supuxo un investimento de 5.000 euros, forma parte das actuacións previstas para ampliar, de forma progresiva, as redes de servizos básicos nas distintas parroquias de localidade, especialmente, naqueles enclaves nas que existen núcleos de poboación máis numerosos.

Durante a presente lexislatura, acometéronse os traballos de ampliación do saneamento a Senra e Cuiña, a rehabilitación da EDAR de Ladrido e varios proxectos de ampliación  da rede de sumidoiros en San Claudio, onde ademais acometerase de maneira inmediata, a optimización da depuradora.

24 de xaneiro de 2014 | 20:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.