Obrigatorio o uso de cadeas e prohibido o paso de camións na LU-633 en O Cebreiro pola nevada
En concreto, a meteoroloxía adversa afecta á citada vía entre os puntos quilométricos 0 e 18 en ambos os dous sentidos de circulación, pola presenza de neve, dende as 9.38 horas deste sábado.
Segundo informa a DGT, é obrigatorio o uso de cadeas ou pneumáticos de inverno a causa destas condicións meteorolóxicas. Ademais, está prohibido o paso de autobuses, camións ou vehículos articulados.
Por outro lado, a nevada está a condicionar a circulación na a-52 á altura de A Mezquita, en Ourense, entre os puntos quilométricos 111.85 e 125, en ambos os dous sentidos.