publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O plan de loita para o control da praga do nematodo do piñeiro chega a Salvaterra de Miño, As Neves e Arbo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArboAs NevesLocal PortadaPontevedraSalvaterra de Miño
A-
A+

A directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa, desprazouse esta mañá ata os municipios pontevedreses de Salvaterra do Miño, As Neves e Arbo para supervisar os traballos do plan de control e loita da doenza do nematodo do piñeiro.

Patricia Ulloa puxo de manifesto a atención que se está a prestar en Galicia á sanidade vexetal en xeral e a esta doenza en particular. Este plan -que está a levar a Consellería do Medio Rural e do Mar- habilítase entre os meses de outubro e marzo na área demarcada de 20 km de radio ao redor do positivo detectado, con diversas intensidades de actuación.

A normativa europea e nacional establece para os diversos estados a obriga de realizar plans de seguimento e control de determinados organismos nocivos para os vexetais (organismos de corentena), así como os plans de loita cando estes organismos aparecen.

A Consellería do Medio Rural publicou no 2011 o Decreto polo que se declaraba de utilidade pública a erradicación do organismo de corentena do nematodo do piñeiro Bursaphelenchus xylophilus, ordenándose as medidas para evitar a súa propagación. Deste xeito, púxose en marcha os labores de control e erradicación deste organismo, incluíndo medidas a tomar por todos os sectores implicados.

10 de xaneiro de 2014 | 13:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.