publicidade hoxe

O Ministerio de Medio Ambiente investirá 600.000 euros no acondicionamento do leito e marxes do río Badella en Bande

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBandeLocal PortadaOurense
A-
A+
Sinatura do convenio de colaboración

Sinatura do convenio de colaboración

O presidente da Deputación de Ourense asistiu hoxe a sinatura do convenio de colaboración entre a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello de Bande, para a realización de obras de acondicionamento do leito e marxes do ría Badella o seu paso polo municipio de Bande. O acto de sinatura estivo presidido polo delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, e foi rubricado polo presidente da CHMS, Francisco Marín, e polo alcalde de Bande, José Antonio Armada, coa presenza ademais do subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e do delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez.

O investimento previsto nestas actuacións supera os 600.000 euros, que serán sufragados integramente polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. O proxecto pretende conciliar os intereses socioeconómicos do contorno do leito do río Badella coa conservación e recuperación dos valores naturais asociados.

Esta obra está incluída no programa operativo de financiamento con cargo aos Fondos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) que a CHMS ten deseñado, e que contan coa participación e apoio cidadán das poboacións implicadas, co obxectivo de levar a cabo actuacións para a mellora medioambiental do contorno dos ríos.

En concreto, estas actuacións teñen como finalidade resolver o alto grao de degradación ambiental que actualmente presenta o río Badella ao seu paso por Bande, para potenciar a integración do río no núcleo urbano e permitir a convivencia de ambos para manter o río como ecosistema fluvial.

10 de xaneiro de 2014 | 16:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.