publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O goberno galego culmina o Plan de eliminación de vertedoiros de residuos urbanos non autorizados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLugoNegueira de MuñizPortada esquerda
A-
A+

A Xunta de Galicia vén de culminar a supresión total de vertedoiros de residuos urbanos non autorizados na comunidade coa clausura do último, no concello lucense de Negueira de Muñiz. O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, acompañado polo secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Justo de Benito, visitou hoxe o remate das obras de clausura deste vertedoiro. Neste acto tamén estiveron presentes o alcalde de Negueira de Muñiz, Manuel Braña; e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias.

Hernández destacou que “o selado deste vertedoiro supón un fito no coidado medioambiental de Galicia e un paso moi importante na correcta xestión dos residuos, tal e como establece o Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2020”. Engadiu que “con este, seláronse en Galicia 253 vertedoiros de residuos urbanos, o que, tal como xa se indicou, supuxo a supresión total de vertedoiros non autorizados na comunidade”.

A Xunta de Galicia realizou un investimento de máis de 69 millóns de euros para a supresión destes vertedoiros, que significa a eliminación da contaminación así como a rexeneración das zonas afectadas de xeito que quedan integradas de novo no medio.

Polo que respecta ao actual Goberno, desde 2009 investíronse máis de 5 millóns de euros na clausura de 30 vertedoiros de 23 concellos. Trátase de instalacións que supuñan un risco para a saúde pública, xa que poden ser orixe de incendios e accidentes, e que ademais constitúen un importante foco de contaminación.

No caso concreto de Negueira de Muñiz, foi necesaria unha achega económica de preto de 134.000 euros para o selado do vertedoiro e recuperación da zona, un traballo que concluíu este verán. A actuación inclúe, como no resto dos vertedoiros selados, un seguimento post-clausura, que fará o Concello.

A continuación, como exemplo destes traballos, indícanse a imaxe inicial da zona na que se atopaba o vertedoiro de Negueira de Muñiz e a fotografía do estado actual da superficie. Tal e como se aprecia, consta unha evolución dunha área degradada onde se acumulaban os residuos a unha zona verde e limpa.

Sogama e a supresión de vertedoiros

O responsable de Territorio destacou na súa visita de hoxe que “a eliminación da totalidade destes vertedoiros pode considerarse un dos proxectos ambientais máis importante de Galicia e foi posible grazas á existencia de Sogama”.

Desde a posta en marcha da Sociedade Galega de Medio Ambiente (1995), estas instalacións evitaron o depósito de case 12 millóns de toneladas nos vertedoiros que non cumprían a normativa. Sogama xestiona axeitadamente cada ano maisde 800.000 toneladas de residuos urbanos, uns residuos que de non existir o complexo medioambiental de Cerceda, acabarían espallados polo territorio en vertedoiros non autorizados. No seguinte cadro, amósase a evolución do selado de vertedoiros en Galicia, por provincias e co correspondente investimento.

10 de xaneiro de 2014 | 12:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.