publicidade hoxe

O departamento de Benestar Social de Ortigueira impulsa un taller de duelo dirixido a Aspromor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrtigueira
A-
A+

A Concellaría de Benestar Social organiza, a través do CIM de Ortigueira, un taller de habilidades persoais para afrontar unha perda afectiva, dirixido aos usuarios de Aspromor. A iniciativa busca ensinar ao colectivo de discapacitados intelectuais mecanismos para soportar este proceso traumático.

O reto fundamental do taller é dar resposta e proporcionar ferramentas para que estas persoas, especialmente vulnerables, saiban xestionar os sentimentos que se desencadean e que padecen, do mesmo xeito que o resto as persoas, cando sofren unha perda.

A actividade, que terá unha duración de catro sesións de hora e media cada unha, arrinca mañá pola mañá cun grupo de dez usuarios, impartidos pola psicóloga do citado servizo municipal.

Ao longo das próximas semanas, e de maneira adaptada ao colectivo, abordarase cos participantes  o concepto de perda, duelo e as características destes procesos; axudaráselles a comprender os mecanismos asociados (pena, aflición, ansiedade, temor) e asimilar o proceso de perda e o duelo e tratará de proporcionarlles apoio no camiño para recuperar o seu equilibrio emocional.

A iniciativa xorde ante a necesidade detectada e expresada pola profesionais Asociación prol-Minusválidos do Ortegal (ASPROMOR) de axudar ás persoas con discapacidade intelectual nos seus procesos de elaboración do duelo desde unha perspectiva normalizadora.

21 de xaneiro de 2014 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.