publicidade hoxe

O Concello do Val do Dubra investirá 250.000 euros no abastecemento de auga das súas parroquias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVal do Dubra
A-
A+

O Concello de Val do Dubra investirá un total de 250.000 euros ao longo do presente exercicio para dotar da infraestrutura da traída de auga ás súas parroquias. O investimento será asumida pola Deputación da Coruña e polo propio concello dubrés. Este proxecto xa conta coa ‘luz verde’ da Deputación, a través dunha subvención nominativa.

As primeiras obras xa iniciadas nos últimos días son as do abastecemento de auga desde o manancial aos núcleos de Pousada e Campo de Carlexo, na parroquia de Rial. O investimento deste proxecto suma 52.000 euros. As obras polos outros 200.000 euros que restan irán adxudicándose nos próximos meses. O Concello de Val do Dubra confía en avanzar neste proxecto segundo vaian mellorando as condicións do tempo. O alcalde de Val do Dubra, Ramón Varela, destaca a aposta desde o goberno municipal por dotar de abastecemento de auga á totalidade dos núcleos de poboación do Concello.

22 de xaneiro de 2014 | 12:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.