publicidade hoxe

O Concello de Pontecesures acomete a sustitución das fiestras do pavillón e do campo de fútbol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontecesures
A-
A+

O Concello de Pontecesures levou a cabo nos últimos días a substitución das fiestras dos vestiarios do pavillón polideportivo e a colocación dounhas novas no campo de fútbol.

Desde a administración local destacan que esta actuación permite resolver un dos problemas que os usuarios viñan denunciando desde fai anos, como era que os vestiarios de ambas instalacións deportivas  tiñan problemas para manter a calor no interior, sendo especialmente fríos nos meses de inverno.

O Concello realizou unha inversión próxima aos 2.000 euros para resolver este problema coa instalación de novas fiestras con dobre acristalamento en acabado anodizado natural.

24 de xaneiro de 2014 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.