publicidade hoxe

O Concello de Curtis distingue como Embaixadora á guerreira laranxa Dolo Sánchez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtisDeportesLocal Portada
A-
A+
Nomeamento como embaixadora de Curtis

Nomeamento como embaixadora de Curtis

A xogadora de fútbol sala alcanzou co Burela FSF o campionato de liga nacional e a Copa España da modalidade

Este mediodía o alcalde de Curtis, Javier Caínzos, e o concelleiro de Deportes, José Barral, fixeron entrega dos atributos de Embaixadora de Curtis á xogadora de fútbol sala profesional Dores Sánchez -Dolo-, natural da localidade. O concello de Curtis recoñece así os 16 anos de traxectoria desta deportista, unha carreira que chegou este ano ao seu punto máis alto nas filas do Burela FSF, coa consecución do campionato de liga nacional e a Copa España de fútbol sala feminino.

Diante dun salón de actos cheo de familiares e amigos, Dolo, recibiu de mans de Javier Caínzos a banda e o diploma que a acreditan como posuidora da distinción   Embaixadora do Concello de Curtis. A homenaxeada tivo unhas palabras de gratitude para o concello. Dixo aceptar o galardón con humildade e con todo o agarimo de ser recoñecida polos seus veciños. Pola súa banda, o alcalde indicou que a nova Embaixadora, o es “como xusto premio polo teu talento, polos teus éxitos, pero tamén pola túa fe, polo teu esforzo, pola túa capacidade para transcender, para non quedar como unha máis”.

Até Curtis desprazáronse representantes do Burela FSF para estar presente na homenaxe de Dolo, tamén estiveron presentes varios Embaixadores, así como membros da corporación municipal.

3 de xaneiro de 2014 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.