publicidade hoxe

O Concello de Cabanas abre o prazo de preinscrición na Campaña de Esquí da Deputación da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

O prazo para a preinscrición na Campaña de Esquí que a Deputación da Coruña vai levar a cabo este ano xa está aberta. Por medio deste programa facilitarase que nenos e nenas de toda a provincia nados entre os anos 2000 e 2003 teñan a posibilidade de practicar este deporte na estación invernal de San Isidro, en León. Este prazo de preinscrición rematará o día 28 de xaneiro. Os participantes do Concello de Cabanas está previsto que tomen parte na actividade na primeira quenda, entre o 14 e o 16 de febreiro.

Cada participante deberá aboar unha cota única de 36 euros, facéndose cargo a Deputación da Coruña do resto dos gastos nos que se inclúe o aloxamento e manutención así como os cursos de esquí. No caso de que o número de solicitantes supere as prazas das que disporá o Concello de Cabanas, estas asignaranse por medio dun sorteo público.

Para formalizar a preinscrición os interesados poden dirixirse ó departamento de Cultura e Deportes do concello de Cabanas, ou ben recadar máis información, ben a través do teléfono 981 49 59 59 ben no correo electrónico cultura@cabanas.es

21 de xaneiro de 2014 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.