publicidade hoxe

O caldo de Monterrei será, de novo, o viño oficial da Feira do Cocido de Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocal PortadaMonterrei
A-
A+

Tras o concurso celebrado o pasado mes de decembro, Monterrei volve ser elixido como veu oficial desta festividade, acompañando así os numerosos menús que se servirán na rede de establecementos colaboradores da feira.

A elección da marca que representará á Denominación de Orixe foi sometida ao xuízo dun panel de experto catadores reunido a pasada semana para a valoración en cata a cegas das numerosas mostras que concorreron no concurso. Finalmente, a mellor puntuación recaeu no viño “Sila 2011” da adega Pazos do Rei, unha elaboración monovarietal de Mencía cun proceso de maduración en barrica de carballo de sete meses.

Na próxima semana o Concello de Lalín e a Denominación de Orixe Monterrei comezan a campaña promocional do evento, tendo programada unha primeira parada en Madrid. Alí darase cita unha nutrida representación da prensa xeneralista e gastronómica nacional que, tras a rolda de prensa ofrecida na Casa de Galicia en Madrid, participarán nunha degustación de cocido e viños de Monterrei no Restaurante Combarro.

O presidente do C.R.D.Ou. Monterrei, Antonio Anxo Méndez Atanes, asistirá ao evento acompañando á comitiva lalinense. O presidente simultaneará esta actividade coa participación na feira Enofusión, en apoio ás adegas da denominación alí representadas.

25 de xaneiro de 2014 | 19:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.