publicidade hoxe

O armador do West debe presentar un plan para retirar a gabarra que está partida en dous en Camariñas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCamariñasSucesos
A-
A+
E.P.
Embarcación partida en dous. Foto: Salvamento marítimo

Embarcación partida en dous. Foto: Salvamento marítimo

O armador do buque ‘West’, que remolcaba á gabarra ‘Prima’ de 105 metros de eslora dende Odesa a Riga cando esta embarrancou en Punta do Boi, en Camariñas (A Coruña), debe agora presentar un plan para retirar a embarcación, posto que se partiu en dous.

A fractura, segundo explican fontes da Mariña Mercante, orixinouse de madrugada, pero non foi ata a mañá deste mércores cando a gabarra se dividiu e son visibles dúas partes dende a costa.

Nestas condicións, non é posible remolcar a gabarra, á que tampouco se pode acceder, polo que o armador debe presentar á Capitanía Marítima da Coruña un plan de remoción de restos.

Con todo, as mesmas fontes precisan que o mal tempo fai previsible que “en dous ou tres días” non poida acometerse a retirada do barco e advirten de que, de persistir a forte ondada, é posible que a estrutura sufra novas quebras.

No lugar permanecen técnicos de Salvamento Marítimo da base de Fene e persoal da Capitanía Marítima e, segundo asegura a Mariña Mercante, segue sin existir risco de interrupción da navegación nin de contaminación, pois a gabarra, sen motor, non levaba carga.

O plan de remoción de restos, apunta, é unha operación “menos complexa” que remolcar o barco e consiste na retirada dende mar e/ou terra –en caso de que estes cheguen á zona areenta–.

15 de xaneiro de 2014 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.