publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Máis de 1.000 nenos participaron en Bembibre na fase comarcal de campo a través de Xogade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVal do Dubra
A-
A+
Un dos podios de Xogade

Un dos podios de Xogade

Máis de 1.000 nenos e nenas participaron hoxe na fase comarcal Tambre-Xallas de campo a través dentro do Programa Xogade 2014 celebrada nos arredores do Colexio Público de Bembibre (Agra de Bembibre). Segundo os organizadores, trátase da proba deportiva escolar que máis participantes reúne en toda Galicia. Disputáronse un total de oito carreiras das categorías benjamín, alevín, infantil e cadete tanto masculinas como femininas.

Os 1.072 nenos e nenas inscritas nas probas Xogade 2014, organizadas polo Concello de Val do Dubra e a Secretaría Xeral do Deporte, procedían de 12 centros educativos de Santa Comba, Negreira, Ames, Padrón, Mazaricos, Val do Dubra, A Baña, Zas, Baio e Trazo. As probas comezaron á 10.30 horas e finalizaron pasadas as 13.00 horas.

Os corredores clasificados participasen no campionato provincial de campo a través que se celebrará a mediados de febreiro. As probas de hoxe disputáronse nun circuíto en Agra de Bembibre. A distancia deste circuíto variou de 800 metros a 3,5 quilómetros, dependendo da categoría. Juan García, un dos organizadores, destacou a numerosa participación de competidores. “Tratamos de que esta cita sexa unha festa do deporte”, lembrou.

24 de xaneiro de 2014 | 20:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.