publicidade hoxe

I Xornada de sendeirismo consciente no Concello de Mondariz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMondariz
A-
A+

O próximo sábado 25 de xaneiro terá lugar unha actividade dirixida aos nenos e nenas no CPI Mondariz de 16.00 h a 20.00 h. Organiza a empresa diverti-max e colabora Concello de Mondariz. Inchables, globoflexia, maquillaxe e un sinfín de xogos cos que disfrutar. O prezo é de cinco euros e para pais e adultos entrada gratuita.

Por outra banda, o domingo 2 de febreiro celebrase a I Xornada de senderismo consciente.

Dirixido a todas e todos aqueles (de tódalas idades), que precisen deconectar do día a día ou simplemente aos que quieran reencontrarse coa natureza, esta actividade propón sair a camiñar para recuperar a propia enerxía vital ao tempo que disfrutas dunha tranquilizante compañía.

A combinación de Natureza, Sendeirismo e Ioga, realízase co fin de aprender a arte de vivir en armonía con un mesmo, integrando unha parte meditativa e deportiva, con outra lúdica e de pracer, realizadas en plena natureza.

A ruta é de entre 6/8 km e cunha duración de tres a catro horas. O traxecto realízase en silencio, fanse exercicios de control da respiración e intentase esquecer o pensamento. Ademais interactúase coas árbores, intercambiando enerxía, coa aguga, as pedras nun intento de reequilibrarnos.

A saída farase o domingo 2 de febreriro dende a Plaza da Igrexa de Mondariz ás 10.00 am.

O prezo son 4 euros que se abonarán no momento e a inscripción poderase facer a través da OMIX Mondariz no tle´fono 986 65 60 58 e no correo xuventudemondariz@yahoo.es

24 de xaneiro de 2014 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.