publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Foto Teca gaña o concurso de escaparates de Santa Comba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSanta Comba
A-
A+
Reunión do xurado

Reunión do xurado

O centro municipal de cultura de Santa Comba acolleu un acto no que se deron a coñecer os ganadores do sétimo concurso de escaparates do nadal organizado pola concellería de Comercio, Turismo e Promoción do Emprego, e que conta coa colaboración da asociación de empresarios local.

O primeiro premio, dotado con 500 euros e trofeo, foi para Foto Teca. O segundo, dotado con 300 euros e trofeo, correspondeulle a firma Pisotones, e o terceiro, de 150 euros máis trofeo, foi a para a Citania.

O acto contou coa asistencia do alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira, do concelleiro do departamento organizador, Jacobo Amarelle, do presidente da federación de empresarios da Costa da Morte, José Gabín e do presidente da patronal xalleira, Óliver Silvariño.

Todos coincidiron en apoiar este tipo de iniciativas e animar aos comerciantes a traballar unidos e con ilusión, así como en felicitar a Foto Teca, Pisotones, Citania e a tódolos participantes neste concurso.

4 de xaneiro de 2014 | 13:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.