publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Falece o alcalde das Somozas mentres vía ao equipo de fútbol da localidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs SomozasDeportesLocalPortada dereitaSucesos
A-
A+
E.P.

O alcalde das Somozas (A Coruña), Manuel Candocia Ramos (PP), faleceu na tarde deste domingo mentres vía o partido que o equipo de fútbol da localidade, o U.D. Somozas, do que é presidente.

   Segundo informou presidente da Federación Galega de Fútbol, José García Liñares, que se atopaba tamén no campo, o suceso tivo lugar pasadas as 18.40 horas cando o alcalde “desvaneceu”. As primeiras hipóteses apuntan a que a morte puido deberse a un infarto.

   Ao lugar trasladáronse os servizos de Urxencias Médicas do 061, que non puideron facer nada por salvar a vida de Manuel Candocia, ao que os asistentes ao partido tentaron reanimar.

   Manuel Candocia era alcalde das Somozas desde 1979, onde tomou o bastón de mando con UCD e partir de 1991 pasou a ser rexedor nas filas do Partido Popular. Foi en 1984 cando creou o equipo de fútbol das Somozas, que na actualidade xoga na Terceira División.

   García Liñares mostrou o seu pesar polo falecemento do rexedor, “un amigo” ao que coñece desde “hai moitos anos” tanto polos seus labores como alcalde como pola súa condición de presidente do equipo de fútbol da localidade.

   O encontro celebrado no campo municipal de Pardiñas foi suspendido no minuto 83, cando o Somozas gañaba 1-0 ao Cerceda a causa do suceso.

19 de xaneiro de 2014 | 20:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.