publicidade hoxe

Detido o presunto autor da morte da súa muller e a súa sogra en Cervo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervoRibadeoSucesos
A-
A+
Europa Press

Axentes da Garda Civil detiveron ao presunto autor da morte da súa muller de 45 anos e a súa sogra de 72, cuxos corpos foron achados este martes nos seus respectivos domicilios, vivendas contiguas situadas no municipio de Cervo (Lugo).

Segundo confirmaron fontes da investigación, o individuo, José Antonio C.F., de 52 anos de idade, foi arrestado ao redor das 18.30 horas preto de onde foi localizado o seu vehículo, na parte asturiana da ponte que une esa comunidade con Ribadeo (Lugo).

As mesmas fontes comentaron que o home non ofreceu resistencia no momento do arresto e foi trasladado a dependencias da Garda Civil en Burela (Lugo).

A Garda Civil localizara pouco antes o vehículo co que se deu á fuga nunha área de descanso na ponte dos Santos, na parte asturiana limítrofe co municipio lucense de Ribadeo.

Confesión

José Antonio C.F., confesou ante a Garda Civil ter matado a súa muller e a nai desta na parroquia de Riocobo, segundo informaron fontes da investigación.

Ademais, na súa primeira declaración asegurou que agrediu a súa sogra cun pau e a súa muller cun pau e cun coitelo, co que dixo tela apuñalado no colo. O home pasará previsiblemente este mércores a disposición xudicial.

A Garda Civil alertou do achado de dous cadáveres con signos de violencia sobre as 13.15 horas deste martes. Nai e filla encontrábanse nos seus domicilios, en vivendas contiguas na parroquia de Riocobo de San Cibrao que conforman a mesma unidade residencial. En concreto, unha das vítimas estaba boca abaixo no chan e a outra na cama na mesma posición.

Os investigadores confirmaron, tras solicitar probas, que a súa morte se produciu tras ser golpeadas cun pau. En concreto, fontes da investigación sinalan que a arma do homicidio foi unha estaca e que a muller de 72 anos recibiu un golpe frontolateral na cabeza e a de 45 foi mallada, ademais de ter signos de que lle apertaron o colo.

14 de xaneiro de 2014 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.