publicidade hoxe

Cores Tourís visita Meis para coordinar as accións do soterramento de liñas electricas na estrada PO-300

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMeisPontevedra
A-
A+
Cores Tourís na vista a Meis

Cores Tourís na vista a Meis

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o concello de Meis co obxectivo de coordinar as accións para o soterramento das liñas eléctricas que se atopan na estrada PO-300.

Na visita, o delegado territorial estivo acompañado polo xefe territorial de Economía e Industria, Ignacio Rial.

O alcalde de Meis, José Luis Pérez, aproveitou a visita do delegado territorial para trasladarlle, novamente, a importancia de soterrar estas liñas eléctricas que se atopan situadas nesta estrada recentemente urbanizada.

A solución pasaría, segundo apuntou José Manuel Cores Tourís, pola colaboración entre institucións (Deputación de Pontevedra, concello e Xunta) e Fenosa, de cara a poder acometer o custo dos traballos. “De feito, tanto a Deputación provincial coma Fenosa xa mostraron a súa boa disposición de cara a atallar esta situación e asumir as tarefas que lles corresponderan”, explicou o delegado territorial.

Deste xeito, mentres a administración local se encargaría das acometidas ás vivendas situadas no outro lado da vía, o resto de administracións responsabilizaríanse do cableado, soterrado e retirada de postes.

30 de xaneiro de 2014 | 17:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.