publicidade hoxe

Beariz acolle a segunda proba do circuito galego de Duatlón Cross

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBearizDeportes
A-
A+

O domingo 19 de xaneiro (10:30 horas) celebrarase o VI Duatlón Cross Concello de Beariz-1ª Copa Deputación de Ourense, que é a segunda proba do Circuíto Galego de Duatlón Cross. En total hai preto de cen inscritos na proba.

Entre os favoritos para facerse co triunfo podemos destacar a Gustavo Rodríguez (Independente), Elpidio Gómez (Beariz Tríatlon) ou Brais Misa (licenza dun día). Gustavo disputará a primeira proba da tempada xa que non participou a fin de semana pasada en Ribadumia, mentres que Misa foi o gañador da primeira proba do circuíto.

Na categoría feminina, Verónica Montes (Trinity Tríatlon) tentará repetir o resultado de Ribadumia, na que foi a vencedora, pero para iso deberá superar a Priscila Suárez (Trinity Tríatlon) ou Leticia Baña (Tríatlon Ferrol), entre outras.

Os participantes correrán cinco quilómetros, facer 21 quilómetros en bicicleta de montaña e rematarán con 2,5 quilómetros a pe. A saída, boxes e meta estarán situados nos anexos ao pavillón municipal de Beariz. O circuíto da carreira a pe ten subidas e baixadas, pero sen un gran desnivel, mentres que a bicicleta ten un circuíto esixente.

O Circuíto Galego de Duatlón Cross está formado por cinco probas: Ribadumia, Beariz, Maside, Candeán e Samieira. Haberá clasificación xeral individual (masculina e feminina), xúnior (m/f), veterán (m/f) e clubs (m/f) en cada unha das probas e tamén no circuíto. A pasada fin de semana celebrouse a proba de Ribadumia na que resultaron vencedores Brais Misa e Verónica Montes.

16 de xaneiro de 2014 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.