publicidade hoxe

As obras de mellora dos xulgados de Viveiro comezarán no verán cun investimento de 250.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaViveiro
A-
A+

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e maila delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, acompañados de persoal técnico, visitaron este mediodía os xulgados de Viveiro para comprobar o estado do edificio e coa intención de retomar o proxecto de rehabilitación do mesmo.

O investimento previsto para acometer a rehabilitación dos xulgados sitúase ao redor dos 250.000 euros e, segundo o cronograma que manexa a Vicepresidencia da Xunta, a intención é poder iniciar os traballos este verán, logo da redacción do proxecto e da adxudicación da obra.

En canto aos traballos que é necesario acometer está a substitución da totalidade da carpintería de aluminio do edificio, a impermeabilización da fachada traseira, a carpintería da Sala de Vistas e melloras no sistema de calefacción e na pintura das escaleiras.

A actuación que se vai levar a cabo nos xulgados de Viveiro enmárcase dentro do compromiso do Goberno galego coa Administración de Xustiza, de xeito que dispoña dos medios materiais necesarios para levar a cabo as súas funcións.

Precisamente a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ten en marcha un ambicioso Plan de Infraestruturas Xudiciais onde se presta especial atención ao estado, mantemento e renovación das infraestruturas dos partidos xudiciais máis pequenos, como é o caso de Viveiro.

29 de xaneiro de 2014 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.