publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A presenza de neve na rede viaria obriga a usar cadeas en Pedrafita

E.P.

A presenza de neve na rede viaria obriga este luns a usar cadeas na estrada LU-633 ao seu paso polo termo municipal de Pedrafita do Cebreiro (Lugo).

Así o indicaron fontes da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), que precisaron que no resto da rede viaria non se rexistran incidencias destacadas.

Segundo a Axencia Estatal de Meteorología, as choivas serán as protagonistas deste luns no terzo Norte peninsular con precipitacións que serán persistentes no cantábrico oriental, nunha xornada na que as nevadas continuarán producíndose en cotas relativamente baixas do Norte de España.

20 de xaneiro de 2014 | 10:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.