publicidade hoxe

A mostra “Entre Liñas”, de Luis Davila preséntase en Malpica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMalpica de Bergantiños
A-
A+

O vindeiro día luns 3 de febreiro ás 17:00h. presentarase a exposición Entre Liñas, de Luis Davila, no Centro Cívico do Concello de Malpica.

Dita exposición terá lugar do 3 ao 28 de febreiro no Espazo Expositivo do Centro Cívico de Malpica de Bergantiños, onde, o autor, mostra parte do seu humor gráfico xunto con outras obras de pintura.

Poderase visitar no Centro Cívico de 8:00h. a 15:00h. e de 15:30h. ás 22:00h. de luns a venres; de 10:00h a 14:00h e de 16:00h ás 20:30h os sábados; e de 19:00h. ás 22:00h os domingos.

BIOGRAFÍA

 Luis Davila, nato en Pontevedra e residente na actualidade en Bueu, estudou diseño gráfico na escola de Artes e Oficios Pablo Picasso de A Coruña.

Colaborador do Faro de Vigo, onde publica as tiras cómicas ‘’O bichero’’ e ‘’O fotomatón’’, representa mellor que ninguén a retranca galega mediante tiras cómicas, tratando temas actuais.

Ademais, é ben coñecido en toda Galicia polas súas ilustracións, as cales son compartidas en Facebook cada día por gran cantidade de seguidores.

30 de xaneiro de 2014 | 20:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.