publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Estación de viticultura e enoloxía de Galicia aposta por converterse en referencia dentro do sector vitivinícola

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLeiroLocal Portada
A-
A+

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, xunto co novo director da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), Juan Casares, mantivo esta mañá unha xuntanza cos presidentes de tódolos Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe de Galicia –tanto de viños: Rías Baixas, Ribeira Sacra, Monterrei, Valdeorras e Ribeiro, como de augardente-.

O obxectivo deste encontro foi expoñer aos responsables das denominacións de orixe galegas os proxectos da nova dirección da EVEGA. “Ábrese unha nova etapa caracterizada por unha posta continua para que este organismo se converta nunha referencia indispensable dentro do sector vitivinícola galego”, asegurou o delegado territorial.

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, emprazada na localidade ourensá de Leiro, asume como misión fundamental fomentar o desenvolvemento tecnolóxico do sector a través da investigación aplicada, do asesoramento a viticultores, adegueiros e embotelladores e da realización de actividades formativas.

O delegado territorial e o novo director da EVEGA aproveitaron esta xuntanza para subliñar a actividade do laboratorio de análise para produtos derivados da vide, matizando que “a próxima acreditación permitirá potenciar a actividade analítica dentro do sector e convertela en referencia galega, en pé de igualdade con outros centros españois e europeos”.

22 de xaneiro de 2014 | 13:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.