publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A empresa de Monterroso, Alibós, recibirá o XIV Premio Aresa de Desenvolvemento Rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMonterroso
A-
A+
Europa Press

A empresa de Monterroso Alibós Galicia recibirá este venres, día 31 de xaneiro, o XIV Premio Aresa de Desenvolvemento Rural na gala de entrega, que se celebrará, como todos os anos, no Auditorio da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo.

O acto de entrega, que estará presidido polo reitor da USC, Juan Casares Long, e o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, dará comezo ás 20,00 horas.

Ademais do acto de entrega do galardón, os asistentes poderán escoitar a conferencia que ofrecerá Carlos do Álamo Jiménez, presidente de Tecnoma e exconselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, co título ‘A nova PAC, o capital rural e os servizos ambientais’.

Como sempre, ao finalizar o acto, servirase un viño de honra, no que estarán convidados a participar todos os asistentes. A entrega do Premio Aresa reúne ás personalidades máis destacadas do mundo social, económico, político e cultural da capital, segundo informa a organización.

Alibós foi a gañadora da XIV edición do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, tal e como decidiu o xurado no mes de decembro. Así, recibirá 10.000 euros e unha placa conmemorativa do Premio no acto do venres.

28 de xaneiro de 2014 | 10:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.