publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A empresa de castañas Alibós gaña o Premio Aresa de Desenvolvemento Rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoMonterrosoPortada dereita
A-
A+
Europa Press
Fallo do xurado

Fallo do xurado

A empresa monterrosina Alibós foi galardoada co décimo cuarto Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, que outorga a empresa Aresa en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC).

O reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, anunciou este xoves o fallo do xurado nunha rolda de prensa de Lugo, na que destacou que Alibós é unha empresa que se caracteriza por pór en valor un produto autóctono.

A firma monterrosina, que produce castañas en 200 hectáreas e exporta o noventa por cento da súa produción, verá recoñecidos os seus esforzos cunha placa conmemorativa e un premio económico de 10.000 euros. O acto de entrega celebrarase o 31 de xaneiro na Facultade de Veterinaria.

Alibós “promove a produción de plantas autóctonas e xera un aproveitamento indirecto de porcos alimentados de castañas”, segundo explicou Casares Long.

A compañía Alibós impúxose a outro seis proxectos empresariais de desenvolvemento rural nesta edición do Premio Aresa.

2 de xaneiro de 2014 | 16:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.