publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación de Lugo “nin avalou nin supervisou” a creación de prazas de funcionario en Antas de Ulla

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAntas de UllaLugo
A-
A+
Europa Press

A Deputación de Lugo sostivo este xoves que “en ningún momento avalou nin supervisou” a conversión de prazas de persoal laboral en persoal funcionario no Concello de Antas de Ulla. “De feito, non temos constancia algunha do plan que pretende seguir o Concello nin dos postos de traballo aos que afecta”, dixo o deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Álvaro Santos.

O PSOE de Antas de Ulla denunciou este mércores a “fraude electoral” que, segundo asegurou, cometeu o rexedor, o popular Javier Varela, ao “incluír como asunto urxente” do pleno que se celebrou o martes a conversión de catro prazas de persoal laboral en persoal funcionario, das que “tres delas benefician ao propio rexedor, á súa muller e á cónxuxe dun edil do PP”.

Nunha nota de prensa, a Deputación lucense ha indicado que descoñece as intencións do Concello, polo que “mal” podería “avalar ou supervisar” o proceso.

O organismo provincial, explicou Santos, recibiu “tres consultas xenéricas en materia de persoal” que chegaron “á caixa de correos xeral do departamento de Cooperación cos Concellos” a través do correo electrónico. “É máis, nunha desas respostas advertimos, literalmente, de que non é legalmente posible proceder á consolidación de emprego temporal en fixo”, engadiu.

Así mesmo, explicou que a Deputación “colabora e presta asistencia técnica” aos concellos da provincia en procesos relacionados con recursos humanos, “pero precisamente neste caso” non recibiu “nin sequera unha solicitude do Concello de Antas para facelo”.

30 de xaneiro de 2014 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.