publicidade hoxe

A delegada territorial en Lugo aborda a situación das pallozas do Piornedo co alcalde de Cervantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervantesLocal PortadaLugo
A-
A+
Raquel Arias e o rexedor de Cervantes

Raquel Arias e o rexedor de Cervantes

A delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, mantivo hoxe unha xuntanza co alcalde do concello de Cervantes, Benigno Gómez Tadín, para avaliar a situación das pallozas do Piornedo, así como as posibles axudas aos propietarios das mesmas para acometer obras de mantemento nestas construcións do poboado da montaña luguesa no que a Xunta leva investidos 1,5 millóns dende o ano 1998.

Neste senso, ambos mandatarios coincidiron na conveniencia de contar coa colaboración das distintas institucións de ámbito local, provincial e autonómico. Por este motivo, acordouse seguir traballando nos próximos días para abordar as distintas posibilidades de cooperación neste ámbito.

Ao fío deste tema, Arias remitiu xa unha carta ao presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, solicitándolle tamén unha reunión na que traballar nesta mesma liña de colaboración entre as tres institucións para articular medidas de axuda aos propietarios das pallozas.

Así mesmo, a delegada territorial ten previsto levar a cabo tamén nos próximos días unha xuntanza cos veciños afectados pola situación destas construcións senlleiras da montaña luguesa.

14 de xaneiro de 2014 | 21:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.