publicidade hoxe

A Cabalgata de Reis clausura a programación de Nadal en Laxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxe
A-
A+

Despois de dous días de preparación de carrozas e ambientación do Polideportivo Municipal por parte do persoal do Concello de Laxe, así como de veciños e veciñas, dende a Concellería de Cultura e Benestar Social do Concello de Laxe, comprácenos informarlles que durante a tarde deste domingo daremos por concluída a programación deste nadal coa celebración da CABALGATA DE REIS E FESTA INFANTIL.

Se o tempo o permite, a cabalgata, constituída por tres carrozas ocupadas por Melchor, Gaspar e Baltasar e un total de 13 paxes laxenses, iniciará o seu percorrido polas parroquias ás 15 horas dende Laxe. En caso de mal tempo, as súas Maxestades e paxes recibirán a todas as persoas que queiran achegarse ata o Polideportivo Municipal de Laxe ese mesmo día a partir das 17:30 horas. Os máis pequenos e pequenas terán posibilidade de subirse ao colo das súas Maxestades, entregarlles as súas cartas e recibir unha presada de ricos caramelos.

A partir desta hora, no pavillón, haberá organizada unha festa orientada aos máis pequenos e pequenas na que haberá, inchables, obradoiros, xogos e animacións musicacais. Ademais, o Concello de Laxe fará reparto de rosca de reis e chocolate para todas as persoas que ata alí se acheguen ata agotar existencias.

3 de xaneiro de 2014 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.