publicidade hoxe

31 alumnos de Narón, Valdoviño e Cedeira recibiron o diploma do I Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCedeiraNarónValdoviño
A-
A+

O Café Teatro do Pazo da Cultura acolleu hoxe a entrega de diplomas do I Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade,  no que participaron os concellos de Narón, Valdoviño e Cedeira. Un total de 31 alumn@s recolleron hoxe o seu título, de mans do Xerente da Mancomunidade (Luis Alcalá) e dos alcaldes de Valdoviño (José Antonio Vigo) e Narón (José Manuel Blanco). O Alcalde de Cedeira finalmente non puido asistir a esta convocatoria, aínda que estaba prevista a súa presenza hoxe.

Nesta 1ª edición do Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade impartíronse dous cursos:

Xestión de almacén. (100 horas de duración. Do 4 ó 30 de decembro de 2013,  con 20 horas de manexo de carretilla elevadora e prácticas en dúas empresas. 19 diplomas)

Servizos básicos de restaurante e bar (110 horas de duración. Do 2 ó 30 de decembro de 2013, e os alumnos obtiveron os carnés de manipulación de alimentos para varias especialidades. As prácticas desenvolvéronse nun local de hostelería. 12 diplomas)

Na súa intervención, o Alcalde de Narón destacou a importancia que ten na actualidade este tipo de programas, que permiten ofrecer formación a persoas desempregadas e que van máis aló ó continuar co proceso de búsqueda de emprego posterior. De feito, o I Programa Integrado de Emprego ten varias fases e aínda non ten finalizado.

Primeiramente, se levou a cabo a selección dos usuarios/as do programa, tras o cal realizouse un proceso de orientación laboral para comprobar o perfil (profesional, social e persoal) de cada demandante de emprego. Este é un proceso continuo ó longo do programa, e seguirá levándose a cabo neste ano 2014.

Durante o pasado ano, tamén se promoveu unha intermediación laboral, con visitas a empresas da comarca. Asimesmo foméntase entre os alumnos o autoemprego, informando e asesorando ós interesados sobre os aspectos relacionados con esta iniciativa laboral.

A Xunta de Galicia subvencionou con 43.700€ este programa de emprego, mentres que os concellos participantes achegaron outros 5.400€ para a súa realización.

Tamén dende a Mancomunidade de Municipios de Ferrolterra, o seu Xerente, Luis Alcalá aplaudíu a coordinación entre os técnicos dos municipios de Narón, Valdoviño e Cedeira, e o entendemento entre os seus alcaldes, o que permitíu desenvolver con éxito o programa.

24 de xaneiro de 2014 | 20:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.