publicidade hoxe

300.000 euros para acondicionar e posta en valor da contorna do río Arnego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaRodeiro
A-
A+

O vicesecretario xeral do PPdeG, Agustín Hernández, que estivo na clausura do IV Congreso Local do PP de Rodeiro que se celebrou este domingo, dixo que se van a investir 300.000 euros no acondicionamento e posta en valor da contorna do río Arnego que atravesa o concello.

Segundo detallou, estas obras licitaranse “antes do verán” e o que se fará é “actuar na canle do río para limpalo e estabilizar as marxes”, “construiranse senllas peonís, un aparcadoiro e instalarase mobiliario urbano”.

19 de xaneiro de 2014 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.