publicidade hoxe

Xa están en marcha as obras de mellora do Parque Raíña Aragonta en Salceda de Caselas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalceda de Caselas
A-
A+

O Concello de Salceda de Caselas está a executar a obra de mellora do Parque Raíña Aragonta, para adecuar e mellorar o seu funcionamente coa fin de dar un maior servizo de ocio e lecer aos veciños e veciñas de Salceda. O parque está ubicado nunha zona próxima ao Colexo CEP Altamira, e conforma unha das áreas verdes coas que conta a zona urbana do centro da vila.

A obra é executada a través de fondos propios e xa estaba contemplada dentro dos presupostos aprobados no 2013, para a cal se destinou un orzamento de 31.605€ á mellora das infraestruturas, acessos e canaliacións do Parque Raíña Aragonta, coa finalidade de favorer o aspecto e prestacións que ofrece o espazo. A empresa encargada de executar a obra é Pablo Pérez Alonso S.L.

Entre as obras de mellora se acollen principalmente á construcción de novas soleiras de adoquín nas baixadas de acceso ao parque, que actualmente presentan unha base de area, así como a construcción dunha soleira de formigón para a futura pista de skate-board. A mellora da rede de recollida e evacuación de augas pluvias no Parque e a dotación de mobiliario como bancos e mesas, fonte, …

“É unha obra moi importante para mellorar o acondicionamento eas infraestructuras do parque que é moi frecuentado polos nosos veciñose veciñas”, asegura Fortunato Alvárez, Concelleiro de Vías e Obras, “priorizar os espazos verdes e habilitar áreas de recreo é parte dos proxectos que se están a executar e que están a transformar a nosa vila”.

Marcos Besada, Alcalde do Concello, asegura que “son moitas as áreas de disfrute, paseo e lecer as que se están a habilitar e recuperar no noso concello, e no Parque Raíña Aragonta, ,queremos darlle un novo aspecto no que melloramos as infraestruturas existentes”, “estamos a transformar Salceda nunha vila chea de vida e fermosa, que achegue aos foráneos á nosa vila potenciando o comercio e hostalaría local. Seguiremos traballando para que Salceda sexa unha vila de referencia”

5 de decembro de 2013 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.