publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

VI Escola de Familia en Piñor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPiñor
A-
A+

O Concello de Piñor informa da posta en marcha da VI Escola de Familia, a escola de pais e nais municipal. Por sexto ano consecutivo e sendo conscientes das dificultades para educar na actualidade ós cativos, ofrécese de novo esta iniciativa que pretende formar ós participantes en temas de especial actualidade, para saber como enfocalos cos máis cativos e afrontar as dificultades educativas na vida cotiá, ou no futuro próximo.

Durante un total de seis sesións trataranse varias temáticas coa colaboración de diferentes profesionais, pero ademais ofrecerase apoio educativo individualizado por parte da psicóloga municipal a tódolos participantes. Deste xeito, non estamos a falar dunha actividade formativa xeral, senón que tódolos participantes contarán coa atención profesional precisa para poder abordar as súas problemáticas persoais durante o proceso educativo dos seus fillos e fillas.

Para esta sexta edición contarase con profesionais da Comandancia da Garda Civil de Ourense, a asociación APES e o Centro Quérote + de Ourense, así como coa educadora familiar e psicóloga municipal, creando un programa formativo amplio e dinámico.

27 de decembro de 2013 | 13:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.