publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Vendidos décimos soltos de dous quintos premios en diferentes localidades galegas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllarizArzúaBueuCelanovaLocalPortada esquerdaSantiago de CompostelaVal do DubraVigo
A-
A+
E.P.

Décimos soltos, adquiridos fundamentalmente a través de máquina, deixaron beliscos de dous quintos premios en varias localidades galegas, entre elas Santiago de Compostela, Val do Dubra, Arzúa e A Laracha (A Coruña); Allariz e Celanova (Ourense) e Vigo e Bueu (Pontevedra).

Trátase de décimos dos quintos premios 81.854, que se vendeu en Arzúa, Celanova e Vigo; mentres que varios boletos do 81.156  repartíronse pola Laracha, Val do Dubra, Santiago, Allariz e Bueu.

Nos casos de Vigo, Bueu e Santiago a venda limitouse a un único décimo, de modo, que se cada un dos boletos está premiado con 6.000 euros (son 60.000 á serie).

Tres décimos do 81.854 deixan 18.000 euros repartidos en Celanova, Arzúa e Vigo

Tres establecementos de Celanova (Ourense), Arzúa (A Coruña) e Vigo venderon senllos décimos do 81.854, un dos quintos premios, o que deixa en total 18.000 euros (6.000 euros cada un).

En concreto, o bar Rocarine de Celanova vendeu un dos décimos, aínda que os seus propietarios descoñecían quen podía ser o agraciado. Pola súa banda, o kiosko Mibar de Vigo, situado na Rúa Urzáiz, vendeu outro décimo deste número mediante máquina.

Un dos empregados deste último establecemento explicou a Europa Press que tamén descoñecen a identidade do comprador do décimo premiado con 6.000 euros.

Por último, José Manuel Cascón, propietario de estanco-bar Cascón, situado na rúa Santiago de Arzúa, indicou que venderon un único décimo do 81.854 e que se trata do primeiro premio de lotaría que reparten. Tampouco neste caso saben quen se levou o premio.

22 de decembro de 2013 | 12:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.