publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un traballador resulta ferido en Vilarmaior tras caerlle encima unha árbore

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaSucesosVilarmaior
A-
A+
E.P.

Un traballador resultou ferido este xoves no concello coruñés de Vilarmaior, tras caerlle encima un eucalipto mentres realizaba labores de tallado.

Segundo informou a Central de Emerxencias 112-Galicia, un particular chamou aos servizos de emerxencias pouco antes das 9.30 horas deste xoves, alertando de que a un home que realizaba labores de talla na zona da Castiñeira Vella caéralle encima unha árbore.

Até o lugar desprazáronse a Garda Civil e un equipo sanitario do 061-Galicia, que trasladou ao ferido a un centro médico. Segundo confirmou o alertante, cando chegaron os servizos de emerxencias, o home fora liberado da árbore, aínda que se atopaba ferido.

26 de decembro de 2013 | 10:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.