publicidade hoxe

Un falecido nunha colisión en Vilasantar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosVilasantar
A-
A+
E.P.

Un varón duns 46 anos de idade faleceu nun accidente de tráfico rexistrado ao colisionar un camión e un turismo na tarde do domingo no municipio de Vilasantar (A Coruña).

O sinistro tivo lugar sobre as 18.40 horas do domingo día 1 ao chocar un camión e un turismo no termo municipal de Vilasantar, polo que foi mobilizado o 061.

Urxencias Sanitarias de Galicia desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial e persoal sanitario do Punto de Atención Continuada (PAC) de Curtis, segundo indicou o 061.

No lugar foi atendido un paciente que resultou falecido, o varón J.R.D., de 46 anos de idade.

2 de decembro de 2013 | 10:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.