publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Rafael Lobelle González gaña o XIV Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChantadaMondoñedo
A-
A+

Rafael Lobelle González veciño de Chantada foi o gañador do XIV  Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores, convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo. O traballo presentado polo gañador que obterá un premio de 1500 €, praca e diploma, ten por título “Da retranca dos teus ollos”

O segundo premio, dotado con 600 €, praca e diploma, recaeu na obra titulada “Petan na alma silencios” da que é autor, José Manuel Castiñeira Ramallo residente en Palas de Rei.

Andrea Maceiras Lafuente, acadou o 3º premio, dotado con 300 €, praca e diploma, coa obra “Auga lonxincua”. Andrea Maceiras é de Cambre.

A entrega do Premio terá lugar o vindeiro sábado, 21de decembro a partir das 12.15 horas da mañá  segundo o seguinte programa:

12.15 horas; Recepción oficial na Casa do Concello.

12.30 horas; Entrega de Premios no Salón de Plenos do Concello.

11 de decembro de 2013 | 12:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.