publicidade hoxe

O PPdeG mostra o seu pésame pola morte do alcalde de Viveiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoViveiro
A-
A+
Europa Press

A voceira do PPdeG, Paula Prado, mostrou este martes o “pesar” do partido ao que pertence polo falecemento do alcalde de Viveiro (Lugo), o socialista Melchor Roel, e trasladou as súas condolencias á súa familia e tamén ao PSdeG.

Ao comezo dunha rolda de prensa sobre a proposta dos populares para reducir o número de deputados, Prado recordou o rexedor de Viveiro e quixo trasladar as condolencias aos achegados de Roel e “á súa familia política do Partido Socialista de Galicia”.

Roel faleceu este martes no hospital comarcal de Burela, tras unha grave enfermidade. O rexedor, que tiña 59 anos de idade, estivo tamén vinculado ao movemento sindical e foi membro da dirección de CC.OO. en A Mariña ata que accedeu á Alcaldía en 2003.

Pola súa banda, o presidente do PP de Lugo e voceiro no Senado, José Manuel Barreiro, destacou dende Madrid que o alcalde de Viveiro era “unha persoa que traballaba con total e absoluta responsabilidade, dende o convencemento das súas ideas”.

O rexedor anunciara que deixaba a corporación, nun pleno ordinario no mes de agosto, para seguir un tratamento contra o cancro de pulmón que lle fora diagnosticado. Barreiro lamentou “esta perdida” e trasladou o seu pesar á súa familia e aos seus compañeiros de partido.

Barreiro explicou que, por este motivo tratou de poñerse en contacto co secretario xeral do PSdeG e presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, aínda que non o logrou polo momento.

O popular recordou que coincidiu con Roel cando foi deputado provincial, entre 2007 e 2011, e se decatou de que se trataba dunha “persoa moi convencida das súas ideas”. “Dende a discrepancia política que tiñamos, era unha persoa que traballaba con total e absoluta responsabilidade dende o convencemento das ideas que el tiña e iso sempre hai que aprecialo na vida política”, destacou.

10 de decembro de 2013 | 16:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.