publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Igape participa no encontro organizado polo Círculo de Empresarios do Deza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAgoladaDozónGaliciaLalínLocal PortadaPontevedraRodeiroSilledaVila de Cruces
A-
A+

O director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, Javier Aguilera, participou hoxe en Lalín nun encontro de traballo con empresarios da comarca de Deza co obxectivo de coñecer as súas inquedanzas e informar sobre as vías de apoio e colaboración da Xunta de Galicia. Neste sentido, o director do Igape, que considerou imprescindible a cooperación do empresariado galego para reactivar a economía e consolidar o crecemento, salientou o compromiso dos empresarios da comarca do Deza con eidos como a mellora da competitividade e a internacionalización, ámbitos nos que o Igape aprobou apoios a arredor de douscentos proxectos impulsados por empresas da comarca nos últimos anos.

Durante a reunión, organizada polo Círculo de Empresarios de Galicia en colaboración coa Asociación de Empresarios do Deza, Javier Aguilera lembrou que a Consellería de Economía e Industria está a lanzar, a través do Igape, programas de servizos avanzados como o ReAcciona, como reforzo ao marco de apoio xeral e en consonancia co novo marco de apoio comunitario que comeza o próximo ano.

Na reunión desenvolvida en Lalín participaron tamén o presidente da Asociación de Empresarios do Deza, Alejandro Campos, o director e conselleiro delegado de Netaccede, Marcelino Otero, o conselleiro delegado de Gainza Consulting, José Gainzarain, e o director xeral de Inasus, Eladio Cuiña.

3 de decembro de 2013 | 13:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.