publicidade hoxe

O goberno autonómico colaborará co Concello de Folgoso do Courel para axilizar a tramitación do PXOM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFolgoso do Courel
A-
A+
Reunión coa alcaldesa de Folgoso do Courel

Reunión coa alcaldesa de Folgoso do Courel

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, e a alcaldesa de Folgoso do Courel, Dolores Castro Ochoa, mantiveron unha reunión para analizar a situación da tramitación do plan xeral de ordenación municipal que está a redactar dende o 2003.

O encontro de traballo tivo como finalidade analizar o contido do IPAI, Informe Previo á Aprobación inicial, emitido pola Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo o pasado 28 de novembro deste ano, e introducir no proxecto do documento os axustes precisos antes de sometelo a consideración do Pleno para a súa Aprobación Inicial.

En relación co proceso de avaliación ambiental, o Concello de Folgoso xa conta con documento de inicio, emitido en decembro de 2012, e con documento de referencia, emitido en febreiro deste ano.

Rivas Diaz e Castro Ochoa acordaron que o concello e o equipo redactor traballarán coordinadamente cos técnicos da Secretaría Xeral de Urbanismo para axilizar ao máximo a incorporación dos novos pasos e trámites co fin de que o PXOM sexa sometido a Pleno para a súa aprobación inicial no prazo máis breve posible e a continuación expoñelo ao público.

Simultaneamente se solicitarán ás distintas administracións a emisión dos informes sectoriais: Augas, Estradas, Patrimonio, etc, cuxas determinacións serán incorporadas ao PXOM antes de ser aprobado provisionalmente polo Pleno Municipal e achegado á Xunta para a súa Aprobación Definitiva.

Axuda de 115.000 euros

A Consellería de Medio Ambiente concedeu ao Concello de Folgoso do Courel máis de 115.000 euros en concepto de axudas para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Con estas subvencións o Goberno galego pretende colaborar cos municipios galegos para que poidan contar cunha figura urbanística que ordene e protexa os seus territorios. Na actualidade o Concello de Folgoso réxese por unhas Normas Subsidiarias de Planeamento aprobadas en 1991.

2 de decembro de 2013 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.