publicidade hoxe

O departamento de cultura de Gondomar organiza un Nadal de monicreques

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioGondomar
A-
A+

A Concellaría de Cultura do Concello de Gondomar prepara un Nadal cheo de diversión para os máis pequenos. Desde o vindeiro sábado 21 de decembro e ata o 4 de xaneiro, o Auditorio Lois Tobío acollerá en sesión de tarde, a partires das 18.00 horas, espectáculos de monicreques que farán as delicias de toda a familia.

Os prezos das billeteiras serán de 3’50 euros nalgunhas sesións e de 2’50 noutras.

Laranxus 7 – Sábado, 21 de decembro
Titiricircus – Domingo, 22 de decembro
Pequena – Luns, 23 de decembro
Laia, aprendiza de maga – Martes, 24 de decembro
A casita de cartón – Xoves, 26 de decembro
O quebranoces – Venres, 27 de decembro
Lume –  Sábado, 28 de decembro
O recuncho dos contos – Domingo, 29 de decembro
Croac – Luns, 30 de decembro
A xanela do Maxín Chincha, rabincha – Xoves, 2 de xaneiro
Pinga Teatro Umia, o rei dos mares – Venres, 3 de xaneiro
Títeres Cachirulo A historia do apalpador – Sábado, 4 de xaneiro

19 de decembro de 2013 | 13:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.